La letra escarlata
A letra escarlata
FICHA BIBLIOGRÁFICA:
Autor: Nathaniel HAWTHORNE.
Editorial: Austral.
Título: A letra escarlata.
CONTIDO:
A historia comeza nun pobo dunha colonia de Nova Inglaterra, aquí había uns valores moi conservadores.
Iníciase coa saída da Ester Prynne do cárcere, estaba castigada por adulterio xa que o seu marido levaba desaparecido uns anos e ela, nese tempo, tivo unha filla. É conducida a unha tarima para que unha multitude puidese observar a súa condena: levar unha letra “A” de “ adúltera” encima do peito. Esta era de cor escarlata e por iso o título do libro. A continuación, é xulgada por un grupo de home #ante os cales se nega a confensar o nome do seu amante.
De volta a prisión é visitada por un médico que se fai chamar “Roger Chillingworth”, en realidade este é o marido de Ester que acaba de aparecer. Fan un acordo polo cal ela non revelará a súa auténtica identidade . Despois a a protagonista é liberada e decide instalarse, xunto á súa filla Perla, nunha casa algo separada do pobo. Agora gañarase a vida como costurera xa que traballaba moi ben. A pesar de poder levar unha vida en liberdade a letra escarlata lembráballe en todo momento o seu pecado.
Os anos pasan e Perla crece como unha nena con moito carácter e indomable. A pesar disto, ambas son rexeitadas pola sociedade. Un día, Ester é chamada á casa dun dos homes polos que fora xulgada. Alí comunícanlle que lle queren sacar á súa filla para darlle unha vida mellor. Grazas á axuda do pastor Arthur Dimmesdale, consegue que non lla saquen, leste será un personaxe crucial na historia.
O seguinte que ocorre é que Dimmesdale enferma, necesita coidado por tanto Chillingworth, que dicía ser médico, vai vivir con el para atendelo. Isto en verdade era porque o vello Chillingworth xa sospeitaba que o clérigo era o amante de Ester. Convivían ben o un co outro, a saúde de Dimmesdale empeoraba; pero un día o falso médico dille que debe confesarlle as súas “feridas espirituais” para que puidese curarlle as físicas, o paciente négase de maneira rotunda. Este incidente deixa aínda máis sospeitas en Chillingworth e un día, mentres o mozo durmía, ábrelle a camisa, gravada no seu peito atopa unha letra “A” e isto confirma todas as súas sospeitas e alégrase moito. Desde ese momento Chillingworth, de maneira disimulada, vai facendo máis e máis dano a Dimmesdale.
Unha noite Arthur Dimmesdale vai á tarima (onde fora humillada Ester) e grita o seu pecado. Alí atópanse Ester e Perla, que son as únicas testemuñas, sóbense con el e permanecen os tres xuntos. O clérigo pregúntalle á rapariga quen é o seu verdadeiro esposo unha vez máis, ela non o confesa. Nese momento aparece Roger (o “médico”) e leva ao seu paciente.
Na última entrevista con Arthur, Ester atopouno moi mal e comprendeu que era en gran parte a culpa de Roger, decide deixar de gardar o seu secreto. Despois atópase a Chillingworth e cóntalle as súas intencións de romper o trato. Un día Ester e Perla atópanse a Arthur camiñando polo bosque, levaba unha man pousada no corazón. Ester chamouno, mandou á súa filla afastarse e confesoulle todo, “Ese vello médico , ese a quen chama Roger Chillingworth, foi o meu marido!”
A continuación pasan os tres ( Ester, Arthur e Perla) un tempo xuntos, incluso a nova nai chega a arrincarse a letra escarlata do peito nun momento. Unha mañá, mentres se celebraba a festa de Nova Inglaterra e un gobernador era elixido, Arthur Dimmesdale deu un sermón. Mentres falaba confesou o seu pecado #ante a xente do pobo que estaba alí presente, antes disto chamara a Ester e Perla para que estivesen ao seu lado, despois morre suplicando a Deus. Ao ano de que isto ocorrese Roger Chillingworth morre; deixa a Perla en herdanza propiedade aquí e en Inglaterra, lugar onde nai e filla irán en busca dunha vida mellor. Finalmente, ao paso de moito anos, Ester regresa ao pobo e retoma a letra escarlata, Perla non está con ela. Despois de moito tempo Ester morre, é enterrada á beira e compartindo lápida co seu amado, Arthur Dimmesdale. Sobre eles a súa laxa contiña o lema que marcara as súas vidas e, agora, tamén a súa descanso eterno: “SOBRE UN CAMPO, SABRE, A LETRA A, GULES”.
ESPAZO:
O lugar onde se desenvolve a historia é un pobo dunha colonia de Nova Inglaterra, por tanto un sitio lugar. Os espazos exteriores son: a tarima onde se desenvolve a humillación de Ester, o cemiterio, as rúas sen especificar do pobo e o bosque ao que tamén chaman “selva”. En cambio, os espazos interiores son: a casa de Ester Prynne, a casa de Arthur Dimmesdale e a prisión.
TEMPO:
O tempo externo do relato é mediados do século XVIII. Sabendo que a novela foi publicada no ano 1850 e lendo o seguinte fragmento: “fai non menos de dous séculos…”, podemos afirmar que se desenvolve por esas datas. Referíndonos ao tempo interno a trama dura aproximadamente sete anos (da saída do cárcere de Ester á huída dela e a súa filla a Inglaterra). Aínda que ao final da historia pasan moitos anos pero a historia principal xa terminou.
PERSONAXES:
Arthur Dimmesdale: é un home novo, é clérigo no pobo e moi apreciado por todos. Xulgou a Ester ao comezo da historia aínda que en realidade era o seu amante e amábaa. Ao final enferma, en gran parte pola carga da culpa, morre confesando o seu pecado.
Perla: é a filla de Ester e Arthur (aínda que este non a recoñecese ata o final da súa vida). Debido ás circunstancias nas que lle tocou nacer, tiña un carácter moi forte e indomable. De pequena era rexeitada pola sociedade. Herda propiedades do esposo da súa nai e ambas emigran a Inglaterra, alí consegue ter unha boa vida.
Roger Chillingworth: é un señor maior. A pesar de ser o auténtico esposo de Ester ocúltao á súa volta ao pobo e faise pasar por médico. Quere descubrir ao amante da súa esposa, dáse conta de que é Dimmesdale e vaino a coidar para facerlle dano. Cando morre deixa o que a Perla, a filla da súa esposa.
Ester Prynne: é a protagonista da historia. Trátase dunha muller nova que comete un adulterio pensando que o seu marido non volvería, deste acto queda embarazade. A partir de aquí é rexeitada pola sociedade, ademais é castigada a levar unha “A” de “adulterio” no peito. Ao final confesa o seu amante, Arthur Dimmesdale (ao cal ela protexía) que foi el e morre. Ester emigra coa súa filla Perla a Inglaterra e tras o paso de moitos anos regresa ao pobo para morrer xunto ao seu amado.